Secretaría Uvigo - Ferramenta de cálculo para determinar o factor de eficiencia enerxética estacional e o coeficiente de rendemento estacional en bombas de calor

Ferramenta de cálculo para determinar o factor de eficiencia enerxética estacional e o coeficiente de rendemento estacional en bombas de calor

Data de defensa04/10/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría da Enerxía
CentroEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Dirección Titoría: Jose Fernández Seara
Tribunal Vogalía: José Benito Vázquez Dorrío
Secretaría: David Patiño Vilas
Presidencia: Francisco Javier Deive Herva
ResumoO desenvolvemento das enerxías renovables é imprescindible para combater o cambio climático. Nese aspecto, as bombas de calor desempeñan un papel fundamental e hai que ter en conta que para que sexan recoñecidas como renovables deben producir enerxía de maneira que esta supere de forma significativa o consumo de enerxía primaria necesaria para impulsala.
As bombas de calor poden ser seleccionadas e comparadas en condicións nominais de deseño. Estas condicións de funcionamento poden avaliarse mellor mediante a determinación do Factor de Eficiencia Enerxética Estacional, SEERon, e o Coeficiente de Rendemento Estacional, SCOPon, que permiten tomar en consideración condicións de funcionamento máis representativas e as prestacións ás potencias de deseño.
Xeralmente, as bombas de calor empregaban compresores de potencia fixa e para calcular estes valores de eficiencia seguíase a norma UNE-EN 14511. Hoxe en día, incorporáronse no mercado bombas de calor con compresor inverter, de potencia variable. Por iso, xurdiu a norma UNE-EN 14825, unha norma que proporciona as condicións de carga parcial e os métodos de cálculo para calcular o SEERon e o SCOPon a fin de cumprir as demandas de refrixeración e calefacción, respectivamente, en bombas de calor inverter.
Debido aos diferentes tipos de unidades, ás condicións de carga parcial e aos diversos procedementos de cálculo, o obxectivo do proxecto foi elaborar una ferramenta de cálculo que permita determinar os rendementos estacionais para refrixeración e calefacción de recintos e que mostre automáticamente a súa etiquetaxe enerxética.
No presente Traballo de Fin de Grao realízase unha análise dos procedementos de cálculo propostos na norma UNE-EN 14825 e a súa implementación na aplicación informática que permite determinar a Eficiencia Enerxética Estacional e o Coeficiente de Rendemento Estacional.
Mediante o uso da devandita aplicación obtivéronse os valores de eficiencia enerxética estacional considerando unha bomba de calor real, marca Clausius, modelo Elite H 1-10 e, ademais, realizouse unha análise paramétrica para avaliar a influencia dos diversos parámetros de cálculo.
Volver