Secretaría Uvigo - Análise experimental da transferencia térmica de placa plana de aceiro inoxidable para uso en sistemas quentadores eléctricos de alta voltaxe de vehículos híbridos e eléctricos.

Análise experimental da transferencia térmica de placa plana de aceiro inoxidable para uso en sistemas quentadores eléctricos de alta voltaxe de vehículos híbridos e eléctricos.

Data de defensa04/10/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría da Enerxía
CentroEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Dirección Titoría: Marcos Conde Fontenla
Cotitoría: Adrián Cabarcos Rey
Tribunal Presidencia: Francisco Javier Deive Herva
Vogalía: José Benito Vázquez Dorrío
Secretaría: David Patiño Vilas
ResumoAnte a situación actual de transición no sector automobilístico cara á electrificación, é preciso desenvolver e optimizar as tecnoloxías e sistemas empregados actualmente, non só para cambiar a orixe do tipo de enerxía empregada, de combustibles fósiles cara a eléctrica obtida de fontes renovables, senón tamén o seu emprego racional e eficiente.

O presente documento trátase dun traballo experimental para avaliar as condicións óptimas de traballo dun sistema de placa calefactora para o seu uso en sistemas quentadores eléctricos de alta voltaxe, High Voltage Heaters (HVH) en inglés. Varíanse os parámetros de Temperatura, Presión e Velocidade do fluído caloportador, e tamén a posición da sección de estudo.

Consta dunha introdución e descrición deste tipo de tecnoloxía, así coma unha motivación de estudo neste campo e o panorama actual e futuro. Tamén se describen os sistemas actualmente en uso.

Igualmente, tamén se detalla o banco de traballo, mencionando e describindo cada un dos seus compoñentes. Explícase a metodoloxía de traballo e obtención de resultados empregada.

Finalmente, discútense os resultados obtidos do procesamento dos datos dos ensaios, avaliando como inflúe a variación dos diferentes parámetros.
Volver