Secretaría Uvigo - Bioluminiscencia en dúas cepas do dinoflaxelado Alexandrium tamarense

Bioluminiscencia en dúas cepas do dinoflaxelado Alexandrium tamarense

Data de defensa28/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Eva Maria Teira Gonzalez
Tribunal Secretaría: Francisco Javier García Cutrín
Vogalía: José Jorge Domínguez Martín
Presidencia: Ramiro Alberto Varela Benvenuto
ResumoA produción de bioluminiscencia é un fenómeno xeneralizado na natureza e moi común nos dinoflaxelados, organismos unicelulares que forman parte do plancto e cuxas proliferacións poden causar mareas vermellas e/o episodios tóxicos. Un destes dinoflaxelados é Alexandrium tamarense, recentemente asociado con fenómenos de bioluminiscencia na costa galega. A pesar de que a bioluminiscencia nesta especie é ben coñecida, descoñécense aínda en detalle os factores que regulan dita produción. Neste traballo realizáronse experimentos con dúas cepas de A. tamarense co fin de estudar a variabilidade intraespecífica e ao longo do ciclo de crecemento na produción de bioluminiscencia, así como o impacto sobre esta da presenza de depredadores.
De ambos experimentos pódese concluir a existencia dunha variabilidade na produción de bioluminiscencia ao longo das fases de crecemento en ambas as cepas de A. tamarense, e, por tanto, que a bioluminiscencia total non se relaciona de forma directa coa abundancia. Ademáis, os resultados obtidos suxiren que a presenza de depredadores aumenta a produción de bioluminiscencia, polo menos nunha das cepas avaliadas.
Volver