Secretaría Uvigo - Síntesis de compostos semi-sándwich de Ru(II) con ligandos diimina

Síntesis de compostos semi-sándwich de Ru(II) con ligandos diimina

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
CentroFacultade de Química
Dirección Cotitoría: Inmaculada Prieto Jiménez
Titoría: María Soledad García Fontán
Tribunal Presidencia: María Soledad García Fontán
Secretaría: José Antonio Souto Salgado
Vogalía: Xanel Vecino Bello
ResumoO obxetivo de este traballo foi a síntese dos complexos de fórmula [RuCl(η6-p-cimeno)L]+, onde L é un ligando diimina ou α-diimina.
A reacción do precursor tetracloro-bis(p-cimeno)rutenio(II) con ditos ligandos deu lugar aos complexos catiónicos semi-sándwich de fórmula [RuCl(η6-p-cimeno)L]+.
Tódolos productos foron illados e caracterizados empregando técnicas de análise elemental, espectrometría de masas, espectroscopía de IR e RMN de 1H e 13C {1H} e técnicas bidimensionales tales como {1H, 1H} COSY, {1H, 13C} HSQC e {1H, 13C} HMBC.
No proceso de síntese dalgúns ligandos observouse a formación de especies resultado da ciclación dos productos esperados. A súa formación puido ser confirmada por difracción de raios-X (L6 e L8').
Volver