Secretaría Uvigo - Deseño e automatización de arquitectura de eixos Cartesians para traballos sobre cinta transportadora.

Deseño e automatización de arquitectura de eixos Cartesians para traballos sobre cinta transportadora.

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Cotitoría: Diego Silva Muñiz
Tribunal Presidencia: Marcos López Lago
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Ángel Manuel Fernández Vilán
Secretaría: Enrique Paz Domonte
ResumoO TFM desenvolve unha estructura Cartesiana de eixos industriais con servomotores para poder posicionar unha ferramenta (un láser marcador no ámbito do TFM) sobre unha peza que se aproxima mediante unha cinta transportadora controlada tamén por un servomotor industrial. Unha vez a peza se posiciona no espazo de traballo, os eixos industriais realizan o movemento especificado sobre a peza que será retirada controladamente utilizando a cinta transportadora anterior.
En primeiro lugar, o TFM aborda o deseño mecánico da estructura que albergará un conxunto de dous servoeixos lineais eléctricos utilizando o software Solidworks. Unha vez deseñada a estructura levarase a cabo o pedido do material necesario, a fabricación de compoñentes específicos e toda a montaxe mecánica. Por outra banda, realizaranse os planos eléctricos de potencia e sinais de control, así como todo o cableado dos elementos eléctricos-electrónicos que conterá o sistema: servoamplificadores, E/S comúns, seta de emerxencia, etc. O desenvolvemento do software da aplicación prototipo levarase a cabo no entorno de automatización integrada de Omron, chamado, Sysmac Studio. Como parte final do proxecto lévanse a cabo probas e validacións da máquina ensamblada e a aplicación prototipo programada.
Volver