Secretaría Uvigo - Estudo dun modo de erro por choque térmico en placas calefactoras para quentadores de refrixerante en vehículo eléctrico e análise e implementación de solucións no compoñente

Estudo dun modo de erro por choque térmico en placas calefactoras para quentadores de refrixerante en vehículo eléctrico e análise e implementación de solucións no compoñente

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: José Fariña Rodríguez
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
Secretaría: Enrique Paz Domonte
ResumoDentro da ampla gama de probas que debe pasar un quentador de refrixerante de alta tensión para entrar en produción, atópase a do choque térmico. Neste proxecto estúdase un modo de avaría sufrido nunha das placas de calefacción no que se produciu un erro antes do remate da citada proba. Analízase tanto o erro como o comportamento do compoñente, e realízase un estudo experimental de melloras mediante diferentes ensaios (cortes metalográficos en posibles zonas de risco, tomografía para visualizar o nivel de porosidade, simulacións de estrés térmico -mecánico, estudo lo actual diseño, etc...). Tras o estudo, realízase unha proba de validación das melloras implantadas para garantir a mellor solución e combinación das mesmas no produto final, así como a súa fiabilidade a ciclos térmicos.
Volver