Secretaría Uvigo - Deseño, construción e programación dun sistema de test para ensaios cíclicos pneumáticos

Deseño, construción e programación dun sistema de test para ensaios cíclicos pneumáticos

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Fariña Rodríguez
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoO presente Traballo de Fin de Mestrado inclúese dentro do ámbito da mecatrónica e se centra no deseño e posterior programación e construción dun sistema empregado para realizar ensaios de ciclos pneumáticos en válvulas EGR.
Este proxecto ven motivado pola necesidade de dispoñer dun sistema portátil, compacto e de fácil manexo que sexa capaz de executar ciclos de presión durante un determinado tempo (ON e OFF) e número de ciclos que se indicarán ao sistema para validar o produto.
O sistema electrónico estará baseado nun microcontrolador e disporá dos elementos necesarios para a interacción sobre o sistema de presión/baleiro e a comunicación co usuario para introducir os parámetros necesarios para realizar o ensaio.
O sistema desenvolto será de baixo custo, pero sen descoidar a súa funcionalidade e robustez.
Volver