Secretaría Uvigo - Automatización e novas funcionalidades. Sistema Pick&Place con Robot SCARA

Automatización e novas funcionalidades. Sistema Pick&Place con Robot SCARA

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoO proxecto que se plantea baixo o titulo de "Automatización e novas funcionalidades. Sistema Pick&Place con Robot SCARA" consiste nunha continuacion do proxecto de fin de grado levado a cabo polo presente alumno "Posta en marcha de Robot SCARA. Aplicación Pick and Place prototipo con mesa rotativa" no curso 2020/2021.
A principal proposta deste proxecto é evolucionar tanto a parte físicca da instalación da instalacion como a programación do PLC e do controlador do robot.
En canto a instalación dotarase a celda robótica dunha correcta electrificación mediante o diseño e instalación dun cadro eléctrico, instalaranse seguridades para evitar contactos co robot cando esté en funcionamento e se mellorará o diseño do soporte para a pinza eléctrica. Tamen se valorara a posibilidade de rediseñar tanto a zona de traballo como as pezas coas que traballa o robot, co fin de facer un sistema mais soludo e compacto.
Relacionado coa programación, introducirase un sistema de control de modos, para dotar de mais funcionamentos, co obxectivo de introducir unha pequena demo programable na que o usuario poda introducir instruccions de movemento mediante o IHM.
Volver