Secretaría Uvigo - Eficacia dunha bebida deportiva baseada en augas profundas sobre o rendemento durante un protocolo de exercicio físico e a súa recuperación despois

Eficacia dunha bebida deportiva baseada en augas profundas sobre o rendemento durante un protocolo de exercicio físico e a súa recuperación despois

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Nutrición
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Federico Mallo Ferrer
Tribunal Presidencia: Lucas Carmelo González Matías
Vogalía: Yolanda María Diz Chaves
Secretaría: Alejandro Leonides De Carlos Villamarín
ResumoDurante a práctica do exercicio físico prodúcense unha serie de eventos fisiolóxicos que teñen como consecuencia a deshidratación da persoa que está a realizar o esforzo mediante a perda tanto de fluídos corporais como de diferentes minerais presentes nestes líquidos imprescindibles para a vida e para a nosa homeostase. Por iso é fundamental a necesidade de seguir unhas boas pautas de inxestión de líquidos para conseguir un rendemento óptimo e unha boa recuperación tras o esforzo. Esta hidratación, sobre todo en esforzos de 45 minutos ou máis, pódese facer non só con auga, senón que pode ser interesante utilizar fórmulas hidratantes que aporten enerxía e/ou minerais. Unha destas opcións é utilizar auga do mar de profundidade xa que ten un perfil de minerales e oligoelementos que pode converterse nunha excelente bebida de rehidratación. O obxectivo deste traballo é comprobar o efecto do uso dunha bebida con auga do mar profundo durante o esforzo físico en variables como a frecuencia cardíaca, a presión arterial e a composición corporal. As conclusións son que a bebida de augas profundas Blue Reset é ben tolerada nun evento deportivo moi esixente desenvolvido por deportistas federados cun alto nivel competitivo. A bebida Blue Reset aumentou significativamente a auga extracelular en todos os suxeitos entre o inicio e o descanso e en oito dos nove suxeitos entre o inicio e o final. De forma consistente, Blue Reset mellora o perfil de presión arterial e reduce a frecuencia cardíaca máxima do esforzo máximo ata 5 latexos. No seu conxunto, Blue Reset mellora os parámetros fisiolóxicos e funcionais que apoian o seu uso como bebida rehidratante para o seu uso en deportes.
Volver