Secretaría Uvigo - Influencia da desnutrición nas lesións por presión en adultos

Influencia da desnutrición nas lesións por presión en adultos

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Nutrición
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Lucas Carmelo González Matías
Cotitoría: Reyes Luna Cano
Tribunal Presidencia: Federico Mallo Ferrer
Secretaría: José Luís García Soidan
Vogalía: Manuel Portela Collazo
ResumoIntrodución:
As úlceras por presión (UPP) e a desnutrición son patoloxías prevalentes na nosa poboación e están asociadas entre si. Existen escalas que clasifican as úlceras segundo o grao de afectación dos tecidos e o risco de aparición de úlceras.

Obxectivo:
O obxectivo xeral deste traballo é analizar a evidencia científica actual para coñecer cal é a influencia da nutrición na aparición e evolución das úlceras por presión en pacientes adultos.

Material e métodos:
Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada sobre as úlceras por presión en pacientes adultos e como afecta a desnutrición a estes pacientes. Posteriormente realízase unha síntese narrativa dos artigos seleccionados.

Resultados:
Na revisión inclúense oito artigos publicados entre 2013 e 2022.

Conclusión:
A desnutrición é un dos factores de risco máis importantes asociados co desenvolvemento e a gravidade das úlceras por presión nos pacientes. A prevención das lesións por presión é máis importante que o tratamento, aínda que os resultados mostran que os pacientes con lesións por presión existentes reciben máis intervencións nutricionais que os pacientes con risco de padecelas.
Para conseguir a prevención é importante realizar un cribado do estado nutricional, con diferentes ferramentas validadas. A evidencia científica sobre a eficacia dos suplementos de proteínas e aminoácidos é limitada.

Volver