Secretaría Uvigo - Extracción das fraccións lipídicas de Ulva clathrata con CO2 supercrítico

Extracción das fraccións lipídicas de Ulva clathrata con CO2 supercrítico

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Herminia Domínguez González
Tribunal Presidencia: María Fernández González
Vogalía: Gil Garrote Velasco
Secretaría: Pablo García del Río
ResumoNeste traballo avaliáronse as condicións de funcionamento durante a extracción con dióxido de carbono supercrítico para a extracción de fraccións de valor comercial, a partir da alga verde Ulva clathrata. Utilizouse unha tecnoloxía verde con CO2 en condicións supercríticas, reducindo así o impacto ambiental dos procesos convencionais que utilizan disolventes orgánicos tóxicos non renovables. Ademais da recuperación da fracción lipídica, de grande interese polo seu contido en ácidos graxos poliinsaturados, pódense obter outros bioactivos de gran atractivo comercial.

Palabras clave: extracción de CO2 supercrítico, fluído supercrítico, extracción a presión, algas verdes, ácidos graxos esenciais, ácidos graxos poliinsaturados, relación ω-6:ω-3, compostos de valor engadido.
Volver