Secretaría Uvigo - Pel de plátano: composición, importancia e usos potenciais

Pel de plátano: composición, importancia e usos potenciais

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Sidonia Martínez Suárez
Tribunal Presidencia: María Fernández González
Vogalía: Gil Garrote Velasco
Secretaría: Pablo García del Río
ResumoO plátano é un dos cultivos máis comúns nos países con clima tropical, cuxo consumo é xeneralizado debido o seu alto valor nutritivo. Tanto o cultivo como a colleita e o procesado dos plátanos producen unha gran cantidade de residuos e sub-productos. A pel é un dos principais residuos da industria bananeira, polo que é necesario buscar solucións para o seu aproveitamento. No presente traballo realízase unha revisión bibliográfica do valor nutritivo da pel de plátano así como dos seus potenciais usos. A pel de plátano presenta gran cantidade de compostos bioactivos que lle confiren propiedades importantes como son a capacidade antimicrobiana e a capacidade antioxidante. Estas cualidades permiten que a pel de plátano se poida utilizar para diferentes fins, xa sexa na industria dos alimentos, por exemplo, fortificando alimentos, na producción de alimentos funcionais ou nutracéuticos, etc., na industria farmacéutica debido a sua capacidade antimicrobiana, anticanceríxena, antioxidante, etc., na producción de biodiesel, azucres, ácido cítrico, ácido láctico, fibra, etc. A partir desta revisión podemos concluir que a pel de plátano presenta un elevado potencial para a sua utilización en diferentes industrias.
Volver