Secretaría Uvigo - Galiza e Portugal. Unha ponte lingüística. Ideoloxías lingüísticas na poboación universitaria do Porto

Galiza e Portugal. Unha ponte lingüística. Ideoloxías lingüísticas na poboación universitaria do Porto

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Lingüística Aplicada
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Fernando Ramallo Fernández
Tribunal Presidencia: Alexandre Rodríguez Guerra
Vogalía: Carlos Valcárcel Riveiro
Secretaría: Ana Varela Suárez
ResumoEste traballo fai unha revisión histórica da relación existente entre lingua, identidade e nación. Céntrase en dous momentos históricos clave: a invención da imprenta, cuxa aparición tivo como consecuencia establecemento de linguas de imprenta e o consecuente proceso de minorización do resto de linguas; e a creación dos Estados modernos que, coa súa ideoloxía de «unha nación, unha lingua», terminaron de apuntalar un sistema ideolóxico que continúa ata os nosos días, e que, xunto coa ideoloxía capitalista, levou a que actualmente as linguas se midan, moitas veces, pola súa utilidade económica. Desta forma a lingua foi fundamental na creación dunha identidade nacional e utilizada como parte da mitificación da historia que derivou en escandalosos esquecementos. Neste sentido, o obxectivo deste traballo é o de investigar as crenzas lingüísticas da poboación universitaria do Porto e comprobar cal é o seu coñecemento respecto á relación histórica entre o galego e o portugués, e tamén entre o portugués e o mirandés. Para iso realizouse un estudo cuantitativo. Os datos lévanos a concluír que se debe incluír unha competencia sociolingüística no ensino primario e secundarío que axudaría a evitar prexuízos lingüísticos respecto das linguas e variedades, así como para evitar caer en nacionalismos que antepoñan unha lingua a outra.

Palabras chave: ideoloxías lingüísticas, identidades lingüísticas, nación, nacionalismo, galego-portugués.
Volver