Secretaría Uvigo - Cálculo da pegada de carbono do restaurante camping illas Cíes do parque nacional marítimo-terrestre das illas atlánticas de Galicia e proposta de.mellora.

Cálculo da pegada de carbono do restaurante camping illas Cíes do parque nacional marítimo-terrestre das illas atlánticas de Galicia e proposta de.mellora.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María del Pilar Piñeiro García
Cotitoría: José Antonio Fernández Bouzas
Tribunal Secretaría: Ana Isabel Dopico Parada
Presidencia: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Vogalía: María José Cabaleiro Casal
ResumoCada día, as consecuencias do cambio climático a nivel global e medioambiental afectan de peor xeito á sociedade, en todas as súas formas posibles. As Illas Cíes, dada a súa condición de arquipélago, sofren diretamente as consecuencias do aumento sostido dos mares, derivado do incremento das emisións de dióxido de carbono e do quecemento global.
O obxectivo deste traballo é cuantificar a pegada de carbono do restaurante "Camping Illas Cíes" ubicado no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Para iso analízase a situación actual de funcionamiento do restaurante, determínanse as diversas actividades que emiten CO2 en ela para, posteriormente, analizar as medicións das diversas actividades e o seu factor de emisión de CO2 correspondente, para así, implementar as melloras máis axeitadas para diminuír as emisións futuras. Isto permite contar con datos fidedignos de información para contrastala nun futuro, e así tomar as medidas de mitigación máis axeitadas para diminuír a pegada de CO2.
Por último, analízase se as diversas accións do restaurante van na dirección dos obxectivos de desenvolvemento sostible e da Axenda 2030. Tamén se verifica se son seguidos os obxectivos das Leis 5/2007 de Parques Nacionais e a Lei 7/2021 do Cambio Climático e Transición Enerxética no restaurante.
Volver