Secretaría Uvigo - Comparación dos parámetros de contaminación por metais pesados entre a ría de Pontevedra e o resto das rías baixas

Comparación dos parámetros de contaminación por metais pesados entre a ría de Pontevedra e o resto das rías baixas

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca
CentroFacultade de Química
Dirección Titoría: Benita Pérez Cid
Cotitoría: Vanesa Losada Iglesias
Tribunal Presidencia: María Asunción Longo González
Vogalía: David Alfonso Alonso Baptista de Sousa
Secretaría: Carlos S. Ruiz Blanco
ResumoAs Rías Baixas son as maiores das 18 rías galegas e as máis sensibles en afluencia antrópica debido á súa importancia socioeconómica e é precisamente esta importancia económica a que fai desta zona un interesante obxecto de estudo dende o punto de vista da contaminación mariña. O obxectivo principal deste traballo é coñecer se a partir de datos xa existentes, atópanse diferenzas significativas entre os parámetros de contaminación por metais pesados na Ría de Pontevedra en comparación co conxunto das Rías Baixas, sinalando as causas ambientais, industriais e antropoxénicas que poidan haber nas presumibles diferenzas. O traballo mostra polo tanto as diferentes áreas de estudo, a técnica de análise de datos empregada e os principais resultados obtidos tanto en cada ría como a posterior comparación entre estas, chegando á principal conclusión de que o presente estudo é un bo punto de partida para realizar unha investigación máis profunda, extensa e consistente que demostre a hipótese formulada.
Palabras chave: Contaminación mariña, metais pesados, Rías Baixas, Ría de Pontevedra.
Volver