Secretaría Uvigo - Influencia dos polisacáridos na conservación de microorganismos de interese enolóxico

Influencia dos polisacáridos na conservación de microorganismos de interese enolóxico

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: María José Pérez Álvarez
Cotitoría: Álvaro Rodríguez Alonso
Tribunal Presidencia: Beatriz Gullón Estévez
Vogalía: Luís Alfonso Rodríguez López
Secretaría: Julia Carballo Rodríguez
ResumoOs polisacáridos son moléculas que se relacionaron coa mellora da viabilidade celular durante a conservación mediante a conxelación e a liofilización. Este Traballo Fin de Grao centrouse na procura de polisacáridos de uso enolóxico capaces de manter a viabilidade e vitalidade de cepas de lévedos da especie Saccharomyces cerevisiae e bacterias do ácido láctico da especie Oenococcus oenii mediante conxelación, en comparación co uso de glicerol. cuxa adición ao viño está prohibida. O obxectivo principal é obter un composto alternativo ao glicerol para conservar e engadir directamente ao viño os cultivos de bacterias e lévedos das mencionadas especies.
Entre os compostos analizados, as manoproteínas demostraron o potencial de manter a viabilidade da cepa de Oenococcus oenii ensaiada, o que permite novas formas de estudar e aplicar estas moléculas.
Volver