Avances no estudo da especie invasora Vespa velutina desde a súa detección en Galicia en 2012.
Data de defensa | 16/09/2022 |
Titulación | Grao en Ciencias Ambientais |
Centro | Facultade de Ciencias |
Dirección |
Cotitoría: Olga Escuredo Pérez Titoría: María Shantal Rodríguez Flores |
Tribunal |
Secretaría: Maria Figueiredo Gonzalez Presidencia: María del Carmen Seijo Coello Vogalía: Patricia Reboredo Rodríguez |
Resumo | O avispón de patas amarelas Vespa velutina é unha especie invasora procedente de Asia. Este avispón está a causar un gran impacto ambiental e socioeconómico en Galicia desde o 2012 cando se detectou por primeira vez. V. velutina é unha especie que exhibe un comportamento social con flexibilidade de comportamento, isto puido contribuír á súa introdución. Un dos sectores máis prexudicados é o apícola, alterando a actividade da colonia, e provocando, entre outros efectos, unha caída na produción e almacenamento de reservas. Para loitar contra esta especie invasora é importante coñecer o seu comportamento. Isto implica coñecer a fondo a súa bioloxía, os recursos que utiliza, adaptación climática, áreas de dispersión ou ecoloxía entre os principais temas de estudo. Todos estes temas de investigación son importante na procura de estratexias de control. Por iso o obxectivo principal desta investigación será recompilar toda ao información bibliográfica dispoñible dende que se rexistrou por primeira vez en Galicia. |