Secretaría Uvigo - Plan de incentivos para riders: de riders a liders en Deelivers

Plan de incentivos para riders: de riders a liders en Deelivers

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María del Pilar Piñeiro García
Tribunal Secretaría: Ana Isabel Dopico Parada
Presidencia: María Isabel Doval Ruiz
Vogalía: Raisa Pérez Vas
ResumoRESUMO

Este traballo ten un obxectivo moi claro, a mellora da vida das persoas no ámbito profesional, a través de incentivos sociais laborais e económicos. Ao longo do traballo veremos como logralo a través dun aumento da motivación dos empregados, para o caso concreto dunha empresa de repartición a domicilio: Deelivers.
Tras a implementación en España da Lei Rider (Real Decreto-lei 9/2021) obrígase ás empresas de última milla a cambiar o vínculo cos repartidores, coloquialmente chamados riders, e pasar dunha relación de autónomos a ter con eles un contrato laboral. Con esta reforma lógrase unha mellora nos dereitos dos traballadores, pero tamén se produce unha desmotivación no empregado, xa que independentemente do seu rendemento, o seu salario será o mesmo.
Isto supón un desafío para as empresas de loxística, que teñen os seus modelos de negocio baseados nunha variable fundamental: Nº de entregas nun tempo e a un custo determinados previamente. Como é o caso de Deelivers.
Para tentar resolver o desafío exposto pola nova Lei, neste traballo ofrecemos unha solución de incentivos que poñeremos en práctica en Deelivers. Estes incentivos serán distribuídos a través da gamificación aplicada que axuda, en primeiro lugar ás empresas para identificar e poder comparar entre se a produtividade individual dos seus traballadores. En segundo lugar achega novas variables humanas que dan un valor engadido á produtividade e que contribúen a cumprir os obxectivos de desenvolvemento sostible. E en terceiro lugar a maximización dos ingresos da compañía en todas as súas liñas de negocio (un win-win) o que facilita a implementación do método. Empezamos?.
Volver