Secretaría Uvigo - Análise do impacto estimado do programa Recreos Residuos Cero no Concello de Gondomar e resto de España para o período 2022-2030

Análise do impacto estimado do programa Recreos Residuos Cero no Concello de Gondomar e resto de España para o período 2022-2030

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María del Pilar Piñeiro García
Cotitoría: Mirian Aurora Campos Leiros
Tribunal Secretaría: Ana Isabel Dopico Parada
Presidencia: María Isabel Doval Ruiz
Vogalía: Raisa Pérez Vas
ResumoActualmente existen varias leis que promoven o coidado do medio ambiente desde diferentes enfoques, A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, incentiva a redución da adquisición de plásticos dun só uso en diferentes sectores, incluído o sector educativo. Esta lei, xunto cos obxectivos Nº4, Nº12 e Nº13 de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, permite que a Educación para o Desenvolvemento Sostible sexa unha facilitador clave para lograr un planeta sostible. O colectivo Teachers for Future Spain, co seu programa Recreos Residuos Cero, promove a adquisición de novos hábitos responsables co medio ambiente, a partir dun cambio de conduta respecto ao consumo nos centros educativos, para lograr a máxima redución posible de refugallos xerados, principalmente en xantares e merendas. Este traballo busca estimar o impacto que tería a implementación do programa Recreos Residuos Cero nos centros educativos do Concello de Gondomar e extrapolar este impacto ao resto de España. Os resultados mostran a cantidade en quilos de plásticos dun só uso que poderían reducirse coa aplicación do programa Recreos Residuos Cero en distintos centros educativos durante o período 2022-2030, ademais de estimar o aforro económico que se lograría, teniendo en cuenta o tipo impositivo que expón a Lei 7/2022 para a adquisición intracomunitaria de plásticos dun só uso.
Volver