Secretaría Uvigo - Métricas de Circularidade Empresarial

Métricas de Circularidade Empresarial

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Tribunal Presidencia: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Secretaría: María del Rocío Rodríguez Daponte
Vogalía: Brais Suárez Eiroa
ResumoAínda non existe un consenso a nivel mundial sobre cómo medir a circularidade empresarial. Actualmente hai diversas liñas de pensamento, sistemas de métricas. A gran maioría dos indicadores de economía circular son moi recentes. Por iso pode resultar moi interesante realizar unha análise de distintas métricas para o cálculo da economía circular nas empresas. Este é o obxectivo deste traballo.
Para tal fin, ao principio do traballo faise unha pequena introdución onde se explica que é a economía circular. A continuación, faise unha descrición e análise de distintas métricas de circularidade, onde se explica a súa procedencia, metodoloxía, e se expoñen cales serían as súas vantaxes e desvantaxes. Ademais, realízase unha comparativa das distintas métricas.
Tras a explicación, análise e comparativa, podemos concluír que as métricas para a circularidade empresarial poden mellorarse. Para iso todos os métodos deberían poder adaptarse a todo tipo de industrias, pero o ideal sería conseguir un método unificado e global co mesmo enfoque para medir e controlar o desempeño da circularidade.
Volver