Secretaría Uvigo - Análise de Valorización de Residuos na Industria de Tratamento da Macadamia tras a Granxa. Caso de Estudo: Macadamias Direct

Análise de Valorización de Residuos na Industria de Tratamento da Macadamia tras a Granxa. Caso de Estudo: Macadamias Direct

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Tribunal Presidencia: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Secretaría: María del Rocío Rodríguez Daponte
Vogalía: Brais Suárez Eiroa
ResumoO sector de tratamento alimentario ten unha variedade de procesos que xeran grandes cantidades de residuos. Incluído neste sector está a industria de tratamento das noces de macadamia. A industria da macadamia gozou dun crecemento considerable recentemente e está previsto que se aumente a súa produción exponencialmente nos anos que veñen. Isto trae como consecuencia, dificultades relacionadas coa xestión de residuos. O concepto dunha economía circular tenta enfrontar tales dificultades. Unha das ferramentas que se utiliza nunha economía circular é a valorización de residuos. Este traballo ten como obxectivo investigar as oportunidades, e as tendencias actuais da valorización de residuos na industria da macadamia. Para lograr este obxectivo, enviáronse cuestionarios, e foron realizadas entrevistas con actores relevantes na industria da macadamia para identificar os residuos que se xeran e os seus procesos de valor engadido para os devanditos residuos. Utilizando os datos recolleitos, isto permitiu crear un benchmark, e identificar oportunidades para a optimización da valorización de residuos nun caso de estudo, Macadamias Direct, unha empresa de tratamento da macadamia tras a granxa. Outras empresas de tratamento da macadamia poderían tomar este estudo como unha referencia para identificar as súas fontes de residuos e posibles opcións para a súa valorización.
Palabras Chave: Economia Circular, Valorización de Residuos, Macadamia
Volver