Secretaría Uvigo - Impacto do confinamento de 2020 na calidade do aire de zonas suburbanas e de fondo de Portugal continental

Impacto do confinamento de 2020 na calidade do aire de zonas suburbanas e de fondo de Portugal continental

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Tribunal Presidencia: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Secretaría: Brais Suárez Eiroa
Vogalía: Celestino Quintela Sabarís
ResumoA contaminación atmosférica é un dos principais problemas aos que nos enfrontamos os seres humanos, afectando de forma directa e significativa na saúde dos seres vivos que habitan na Terra. A pandemia producida pola enfermidade COVID-19, orixinada en Wuhan (China) e o seu posterior confinamento a nivel global no ano 2020, posibilitou a opción de ver reflexado o impacto da contaminación provocada por causas tanto naturais como antropoxénicas, sendo estas últimas as máis dañinas na calidade do aire que respiramos. Por iso neste traballo realizase una comparación dos distintos niveis de emisións de catro contaminantes (NO2, O3, PM2.5 e PM10) recollidos nas diversas estacións de calidade do aire distribuidas de tipo: fondo urbano, suburbano, rural en Portugal continental durante os anos 2015 a 2020, estudando as diferenzas existentes entre o ano 2020 con respecto aos 5 anos anteriores (2015-2019). Aínda que nas zonas estudiadas os niveis destos contaminantes son normalmente baixos, de forma xeral, detectouse una reducción en ditos niveis como ocurríu noutras zonas de España, Europa e o mundo. Esto evidencia que, coa paralización de todo tipo de actividades potencialmente contaminantes do aire, a calidade do aire presentou unha mellora a curto prazo máis que notable. Por iso, como posible solución para mellorar a calidade do aire e lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible de cara a 2030, os gobernos están promovendo distintas medidas para reducir estos niveis tomando como referencia o impacto do confinamento.
Volver