Secretaría Uvigo - Avaliación e xestión do roteiro guiado de kaiak nas Illas Cíes para o turismo sostible dentro do Parque Nacional Marítimo -Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Avaliación e xestión do roteiro guiado de kaiak nas Illas Cíes para o turismo sostible dentro do Parque Nacional Marítimo -Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Cotitoría: José Antonio Fernández Bouzas
Tribunal Presidencia: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Secretaría: Brais Suárez Eiroa
Vogalía: Celestino Quintela Sabarís
ResumoResumo
En leste traballo fin de máster preténdese realizar unha avaliación e planificación da xestión dunha nova actividade para os turistas dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este parque ten a particularidade de conservar aproximadamente o 86% da súa biodiversidade dentro do mar. Por iso é de vital importancia xestionar a nova actividade de roteiro guiado de kaiak en illa Cíes para que se fomente o turismo sostible con ela e así poder replicar a estratexia a outras illas do parque. Para iso, a análise deste escrito enmárcase nas propostas da Carta Europea de Turismo Sostible dentro do Parque. Á súa vez, utilízase un Sistema de Información Xeográfica como unha das ferramentas significativas para a planificación e ordenación territorial para a xestión do impacto da nova actividade e propóñense ?boas prácticas ?para a sustentabilidade turística da mesma. Estas propostas foron implementadas entre os meses de verán de 2022, co cal, ao final deste traballo poderanse atopar os resultados e conclusións da implantación da nova actividade de roteiro guiado de kaiak, como tamén as posibles melloras para a próxima tempada de verán.
O traballo pretende ser útil tanto para a xestión dentro do Parque Nacional na conservación da biodiversidade do medio ambiente, como para o desenvolvemento económico do club de kaiak e os colectivos vinculados coas illas Cíes. Por último, ten como fin que os turistas se involucren co medio ambiente, a través de propostas de boas prácticas aproveitando que os espazos naturais protexidos son enclaves para a conservación e o desenvolvemento sostible.
Palabras chave: Sustentabilidade, Turismo sostible, Biodiversidade, Kaiak, Boas Prácticas, Illas Cíes
Volver