Secretaría Uvigo - A relevancia do sector pesca e acuicultura na seguridade alimentaria e a súa contribución á Axenda 2030. Perú como caso de estudo.

A relevancia do sector pesca e acuicultura na seguridade alimentaria e a súa contribución á Axenda 2030. Perú como caso de estudo.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Aida Ovejero Campos
Cotitoría: Mercedes Martínez Táboas
Tribunal Presidencia: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Secretaría: Brais Suárez Eiroa
Vogalía: Celestino Quintela Sabarís
ResumoA zona do noso caso estudio, situada na bahía de Sechura (Rexión de Piura), República do Perú, presenta problemas de Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN), como a desnutrición infantil crónica e a anemia en mulleres e nenos, entre outros. A pesar dos esforzos da rexión para acabar coa fame, o establecemento de ambientes alimentarios que promovan hábitos e estilos de vida saudables aínda non están claramente integrados nos marcos normativos e políticos nin nas prioridades da poboación. Por outra banda, a principal fonte de emprego da poboación sechurana é o sector pesqueiro e acuícola, polo que teñen un bo acceso aos alimentos de orixe mariña.
Tendo en conta estas circunstancias, e tomando como exemplo a Comunidade Autónoma de Galicia, onde dende hai anos o sector pesqueiro e acuícola xestionouse de forma que o consumo dos seus recursos contribuíu a unha dieta atlántica que garante a SAN local; presentamos unha serie de propostas para solucionar os problemas de SAN atopados na bahía de Sechura, promovendo o consumo de produtos hidrobiolóxicos. Estas propostas son, a curto prazo, a posta en marcha dunha Axenda de Seguridade Alimentaria e Nutricional, e a elaboración dunha Guía de alimentación saudable para as escolas.
A través da implementación das nosas solucións propostas, consideramos que estamos contribuíndo a 10 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU: ?Fin da pobreza, Fame cero, Saúde e benestar, Igualdade de xénero, Auga limpa e saneamento, Traballo decente e crecemento económico, Redución das desigualdades, Produción e consumo responsable, Vida submariña, e Alianzas para acadar os obxectivos?.
Volver