Secretaría Uvigo - Responsabilidade social empresarial e a súa vinculación coas mulleres no mercado laboral. Liderazgo feminino

Responsabilidade social empresarial e a súa vinculación coas mulleres no mercado laboral. Liderazgo feminino

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María Consuelo Currás Valle
Cotitoría: María Araceli González Crespan
Tribunal Titoría: María Araceli González Crespan
ResumoO presente traballo consiste na análise da responsabilidade social empresarial e do liderado da muller en España. En primeiro lugar, tentarase aclarar o concepto de ?responsabilidad social corporativa? expoñendo diversas definicións do termo.A continuación explícanse dúas leis para a igualdade efectiva que actúan como complementarias á RSE. O traballo centrarase en ofrecer unha definición que explique en que consiste o liderado, os tipos que existen, así como as calidades necesarias para o seu exercicio, funcionando como introdución ao tema principal, o liderado feminino en España. Para facer unha análise exhaustiva do mesmo, introdúcese o tema a través dun resumo da situación da muller na España contemporánea que proporciona o contexto necesario para comprender os puntos restantes, sendo o primeiro os factores que dificultan a consecución da igualdade laboral, seguido de gráficos que amosen as consecuencias destes factores. Por último, exporanse os sectores liderados polas mulleres no noso país xunto con algúns exemplos que permitan unha visión máis clara do tema.
Palabras clave: muller, liderado, mercado laboral, discriminación, estereotipo.
Volver