Secretaría Uvigo - Transformación dixital do clásico: o camiño inevitable das marcas heritage cara ao mundo dixital

Transformación dixital do clásico: o camiño inevitable das marcas heritage cara ao mundo dixital

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Pablo Cabanelas Lorenzo
Tribunal Titoría: Pablo Cabanelas Lorenzo
ResumoRESUMO:
Hoxe en día, o marketing dixital foi e está sendo unha auténtica revolución no sector da moda. A través do marketing dixital permítese xerar un conxunto de actividades para atraer a un gran número de clientes e así aumentar nosas vendas e ter unha maior
notoriedade fronte aos posibles competidores. Por o tanto, as empresas teñen que crear unha serie de estratexias de marketing acordes aos obxectivos para chegar ao consumidor final e poder satisfacer os seus desexos a través de internet.
Esta clase de marcas de larga traxectoria, heritage, as cales levan no mercado un gran tempo e están acostumadas ao marketing tradicional vense obrigadas a introducirse ao novo escenario online, debido á transformación que internet está xenerando na sociedade e nos hábitos da poboación. Estas empresas de moda tiveron que reinventarse e poder ofrecer esa experiencia no só no ecosistema físico, senón tamén
no electrónico para non perder a esencia. Con todo isto, o que se busca con este traballo é chegar a determinar como as marcas
de luxo, heritage poden adaptar as estratexias de marketing a este entorno dixital e seguir mantendo a súa identidade e súa esencia. Para elo, se analiza cales son os elementos principais que deben estar presentes en ditas estratexias e qué é o que estes aportan ao consumidor do luxo. Para elo, se ha recurrido a un análise cualitativo
mediante observación de páxinas webs e redes sociais.

PALABRAS CLAVE: marcas heritage, moda, marketing dixital, luxo, redes sociais,
exclusividade, esencia.
Volver