Secretaría Uvigo - Diferencias culturais nos negocios internacionais, énfase nas relacións comerciais entre España e Xapón

Diferencias culturais nos negocios internacionais, énfase nas relacións comerciais entre España e Xapón

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Comercio Internacional - Presencial
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María Araceli González Crespan
Tribunal Titoría: María Araceli González Crespan
ResumoResumo

Xapón é un país moi tradicional e de grandes riquezas culturais, que ó longo dos anos seguen moi presentes no día a día, pasando de xeración a xeración. Para os xaponeses, isto é algo moi importante porque representa os seus valores e a súa identidade. As tradición e a cultura non so se reflicte no seu entorno familiar, isto é levado dentro da área laboral. Unha das razóns é que, dentro dos seus valores, a unión é moi importante e por iso o traballo en equipo é fundamental.

Neste traballo exporei os puntos máis relevantes que tratan de identificar aquelas características culturais propias dos xaponeses nos negocios. Características que é importante coñecer si se quere facer negocios con eles. O mercado xaponés non é un mercado de fácil acceso, e os aspectos culturais e as súas tradicións xogan un papel esencial nesta área. Preséntase como caso de estudo o éxito que logrou a compañía Coren coa comercialización da súa gama de produtos "Selecta" en Xapón, que soubo empregar diversas estratexias para poder abordar este mercado.

Palabras chave: cultura, diferencias culturais, cultura xaponesa, negocios internacionais, comercialización, negocios, Coren.
Volver