Secretaría Uvigo - Acceso remoto a dispositivos IIoT

Acceso remoto a dispositivos IIoT

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Miguel Ramón Diaz-Cacho Medina
Tribunal Titoría: Miguel Ramón Diaz-Cacho Medina
ResumoMoitos dispositivos IIoT (Internet industrial das cousas) non poden ser accesibles de xeito remoto directamente desde Internet porque están situados en instalacións dos clientes detrás de varios firewalls e implementacións de NAT. Porén, estas máquinas industriais son capaces de xerar datos e envialos por Internet a sistemas centrais, é dicir, son capaces de establecer conexións. O proxecto pretende aproveitar esta circunstancia para permitir activar ou desactivar de forma remota os procesos que posibilitan conexións de control remoto cara a eles, como o proceso "autossh". Para iso preténdese:

- deseñar a topoloxía de acceso a máquinas remotas.
- Estudar e implantar o protocolo de publicación/subscrición MQTT, elemento para o envío de pulsos de comunicación de control remoto entre as máquinas remotas e o sistema central.
- estudar e implementar o sistema NodeRED nun servidor central accesible desde Internet.
- crear un entorno NodeRED como interface de usuario central ao habilitar as activacións de acceso remoto a máquinas industriais.
Volver