Secretaría Uvigo - Novo tratamento da discapacidade no Código Civil

Novo tratamento da discapacidade no Código Civil

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: José Abundancia Domínguez
Tribunal Presidencia: Miguel Ángel Michinel Álvarez
Vogalía: Mónica Siota Álvarez
Secretaría: Susana Álvarez González
ResumoRESUMO: O obxectivo deste traballo radica nunha comparación entre a antiga lexislación e a actual, reformada para conseguir unha adecuación do noso ordenamento xurídico á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Á súa vez analízase dunha maneira global a evolución do concepto de discapacidade. A nova lei desterrou a incapacitación, a capacidade xurídica xa non pode nin eliminarse nin modificarse. O novo sistema baséase nas medidas de apoio ás persoas con discapacidade. A nova lei adoptou unha serie de medidas polémicas, como a eliminación da figura do titor que se reserva para os menores de idade. Unha profunda reforma positiva na súa maior parte, un cambio de paradigma.

PALABRAS CHAVE: Discapacidade, reforma, apoio, capacidade xurídica, tutela, curatela, Convención de Nova York (Convención), igualdade.
Volver