Secretaría Uvigo - Aplicación web para xestionar a contratación de persoal

Aplicación web para xestionar a contratación de persoal

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: José Ramón Méndez Reboredo
Tribunal Presidencia: Juan Carlos González Moreno
Vogalía: Silvana Gómez Meire
Secretaría: Alma María Gómez Rodríguez
ResumoMoitas empresas e organizacións carecen dun sistema de incorporación de empregados, o que fai máis complicada a adaptación do novo empregado nos primeiros meses, tanto a nivel social como técnico. En particular, cando un empregado consegue un traballo nunha nova cidade, é máis difícil atopar persoas con intereses paralelos para establecer vínculos de amizade. Por outra banda, no aspecto técnico, o traballador pode atoparse con serias dificultades para adaptarse ás tecnoloxías e metodoloxías empregadas na nova empresa.

Tendo en conta os problemas expostos, o obxectivo deste proxecto consiste no desenvolvemento dunha aplicación web que permita centralizar e xestionar a incorporación de empregados á empresa e aos seus equipos. Na aplicación pódense distinguir dous apartados principais: (i) un apartado ?social? no que os distintos roles que interveñen na incorporación deben explicar os obxectivos da empresa/grupo de traballo, actividades extralaborais, reunións, etc; e (ii) un apartado «técnico» no que se disporá a formación que deberá seguir o novo incorporado en función do colectivo no que traballe.

Para desenvolver a aplicación empregarase a linguaxe de programación Python na súa versión 3. Dado que se pretende desenvolver un portal web, empregarase o framework Flask. Na parte frontal, empregarase a biblioteca React, que permite construír interfaces de usuario e outras bibliotecas complementarias aínda por determinar (por exemplo, Material-UI, Semantic UI React, etc.). Para o almacenamento dos datos empregarase un sistema de xestión de bases de datos. Durante o desenvolvemento do proxecto decidirase se optar por un sistema de bases de datos relacionais ou non.

Para o desenvolvemento do proxecto empregarase un modelo iterativo, xa que os requisitos poden variar segundo o avance do proxecto.

Para o desenvolvemento do Traballo Fin de Máster empregarase un PC con 16 GB de memoria RAM, procesador Intel(R) Core(TM) i7-7700HQ e disco duro SSD de 250 GB de capacidade. A conexión a Internet estará dispoñible. Utilizarase o sistema operativo Ubuntu no que se executará o ambiente de desenvolvemento PyCharm e Visual Studio Code.
Volver