Estandarización do traballo en área produtiva dunha empresa do sector da automoción.
Data de defensa | 15/09/2022 |
Titulación | Máster Universitario en Enxeñaría Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Jacobo Porteiro Fresco |
Tribunal |
Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez Secretaría: Celso Fernández Silva Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján Vogalía: Antonio Fernández Otero Vogalía: Manuel Doiro Sancho |
Resumo | O proxecto trata sobre a estandarización do traballo na área de produción da empresa do sector da automoción BorgWarner, que na súa planta de Vigo se dedica principalmente á fabricación de sistemas EGR-cooler. En concreto, o foco deste traballo é un proxecto de BMW. Por unha parte, este recolle o estado inicial da planta e toda a documentación levada a cabo durante o período na empresa relativa á estandarización de procesos, tarefas, etc. A planta segue os principios da filosofía Kaizen en todos os niveis organizativos, e a estandarización segue as pautas presentes no seu manual. Por outra banda, inclúense outros contidos de diversas tarefas realizadas na planta do ámbito da enxeñería de fabricación-proceso e de calidade. Dende a creación de plans de mantemento, ata reunións con provedores, validacións con clientes, ensaios, probas e solución de problemas diarios. Finalmente, recóllese o estado no que se atopa o proxecto de BMW tras o período de realización deste traballo e a influencia deste no seu desenvolvemento. Tamén se contempla a importancia ou a continuidade que ten o traballo realizado cara ao futuro da produción e da planta. |