Secretaría Uvigo - Uso de tecnoloxía RFID para sistemas de seguimento e trazabilidade: Caso de deseño e implementación en estacións de aprendizaxe

Uso de tecnoloxía RFID para sistemas de seguimento e trazabilidade: Caso de deseño e implementación en estacións de aprendizaxe

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Enrique Ares Gómez
Cotitoría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Tribunal Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Vogalía: Antonio Fernández Otero
Vogalía: Manuel Doiro Sancho
Secretaría: Celso Fernández Silva
ResumoCoa chegada de industria 4.0, varias son as tecnoloxias que participan en facer posibel o término de ?fábrica intelixente?. Unha destas tecnoloxías e a de identificación basada en radio frecuencias (RFID). A función principal desta tecnoloxía e a de leer e escribir datos en etiquetas, as cuais estan adheridas físicamente aos diferentes compoñentes/produtos que participan na cadea de producción. Esto último pode traer diversas vantaxes consigo: integración vertical do produto, maior visibilidade da cadea de suministro ou mellora da eficiencia dos procesos, entre outros.
O obxectivo principal deste traballo vai a ser o de implementar dous dispositivos RFID de uso industrial en tres modulos de estacións de aprendizaxe, co propósito de deseñar un sistema de seguimento e trazabilidade capaz de recoñecer cando e onde se encontran os compoñentes en tempo real.
Para cumplir dito propósito, comenzarase coa revisión de literatura sobre a aplicación de tecnoloxía RFID a nivel industrial, ademáis dunha primeira etapa de aprendizaxe sobre programación PLC e revisión de documentación do dispositivo a usar. A posteriori farase unha posta en marcha do dispositivo RFID, tanto a nivel de hardaware como de software. Paralelamente, realizarase traballo manual para a posta a punto das estacións de aprendizaxe.
Unha vez que as estacións estan listas para funcionar, e comprendido o funcionamento dos dispositivos RFID, procederase a programar os dispositivos PLC que controlarán as tres estacions xuntos cos dous dispositivos RFID.
Por último, farase uso dun servidor OPC-UA para a extracción de datos dos dispositivos de control (PLC), co obxectivo de determinar a trazabilidade dos compoñentes dentro da cadea de producción.
Volver