Secretaría Uvigo - Sistema de xestión de información para a contorna de fabricación dunha planta de produción de compoñentes de automoción

Sistema de xestión de información para a contorna de fabricación dunha planta de produción de compoñentes de automoción

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Iciar Goicoechea Castaño
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Secretaría: Celso Fernández Silva
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Antonio Fernández Otero
Vogalía: Manuel Doiro Sancho
ResumoEste traballo consiste na proposta e tentativa de implementación dun sistema de información na contorna de produción a pé de planta dunha empresa de automoción líder no seu sector.
Este tipo de produción, orientada aos clientes e non ao proceso; está composto por diferentes áreas de produción e dada a carencia de estandarización nos procesos de cada unha delas e a súa articulación coas demais; requiriuse dun extenso exercicio de identificación das diversas formas de traballo. O obxecto deste exercicio, tras un proceso de análise transversal, é posibilitar a implementación do sistema en base a un deseño funcional para todos os equipos de traballo.
O obxectivo desta proposta é lograr unha mellora tanto para o proceso de fabricación en si mesmo, servindo de soporte para as persoas implicadas; como para o resultado do exercicio anual, evitando perdas cuantificables. Esta proposta comprende o deseño dunha solución informática que comprende dunha nova estrutura dixital e dous fluxos de información. Palabras Clave

1. Sistema de información
2. Estandarización
3. Lean Manufacturing
4. Mejora Continua
5. Kaizen
Volver