Secretaría Uvigo - Definición de procedementos de AIV e análise de resultados dos test de vibración e termo-baleiro dun CubeSat

Definición de procedementos de AIV e análise de resultados dos test de vibración e termo-baleiro dun CubeSat

Data de defensa12/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Carlos Ulloa Sande
Cotitoría: Diego Nodar López
Tribunal Presidencia: Matías García Rivera
Vogalía: Daniele Tommasini
Secretaría: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoAo longo deste proxecto, expoñerase en primeiro lugar un marco teórico sobre o new space, describíndoo como sector emerxente: comezando cunha breve explicación do estándar CubeSat e continuando co estudio sobre o seu método de lanzamento, complementándoo cunha descripción das posibilidades existentes cos principais lanzadores dispoñibles actualmente.
Tras o estado da arte, descríbese os principios nos que se basa o departamento de AIV para a comprobación e integración dos elementos do CubeSat. Continúase coa metodoloxía seguida para introducilo dentro da súa estructura de probas chamada test POD, e centrándose na análise de resultados das probas que engloban a súa Campaña de Ensaios Ambientais: o ensaio de vibración e o de termo-baleiro, facendo unha comparativa entre o estado inicial e posterior aos ensaios.
Para rematar, exponse o seguimento do lanzamento real do nanosatélite e compleméntase coas conclusións acadadas tras realizar os ensaios nombrados.

CubeSat, new space, AIV, POD, test POD, shaker, termo-baleiro.
Volver