Secretaría Uvigo - Deseño e análise mecánica do modelo para simulación dunha férula de pulso realizada mediante impresión 3D de polímero reforzado con fibra

Deseño e análise mecánica do modelo para simulación dunha férula de pulso realizada mediante impresión 3D de polímero reforzado con fibra

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Cotitoría: Erik Calvo García
Tribunal Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Juan María Pou Saracho
Secretaría: Xavier Nóvoa Conde
ResumoUn dos aspectos fundamentais no campo da medicina é adecuar o tratamento a cada paciente mediante diagnósticos personalizados. Isto é fundamental nas áreas de traumatoloxía e rehabilitación, por exemplo para o caso de próteses e órteses, cuxa xeometría debe adaptarse totalmente á anatomía do paciente co fin de proporcionar subxección e, nalgúns casos, inmobilización da parte correspondente sen chegar a ocasionar molestias no enfermo. Para a creación deste tipo de dispositivos totalmente personalizados é necesario contar con técnicas de fabricación que permitan xerar obxectos de xeometrías habitualmente complexas e singulares.
Nos últimos anos, o desenvolvemento de técnicas de fabricación aditiva veuse acelerado moi notablemente e xa se encontran dispoñibles sistemas de impresión 3D de polímeros reforzados con fibras continuas. Este método de fabricación permite xerar modelos con xeometrías personalizadas a un baixo costo; polo que resulta unha opción adecuada para a creación de dispositivos de aplicación médica como os mencionados anteriormente.
O proxecto que se propón aborda o uso da impresión 3D de polímeros reforzados con fibra para a fabricación dunha férula de pulso a medida, así como a xeración do seu modelo de simulación para a análise mecánica da mesma. Finalmente, levarase a cabo a validación dos resultados, obtidos mediante a simulación, coa realización de ensaios experimentais sobre os materiais e o dispositivo fabricado.
Volver