Secretaría Uvigo - Deseño de implantes porosos de titanio, elaborados por Sinterizado Selectivo por Láser, para a rexeneración ósea en animais: Un estudo in vivo en coellos.

Deseño de implantes porosos de titanio, elaborados por Sinterizado Selectivo por Láser, para a rexeneración ósea en animais: Un estudo in vivo en coellos.

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ángel López Campos
Tribunal Vogalía: Juan María Pou Saracho
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: Xavier Nóvoa Conde
ResumoO tratamento de defectos grandes en ósos segue sendo un gran reto na cirurxía ortopédica. Unha das posibles solucións é o desenvolvemento de implantes de titanio porosos (a partir de agora, scaffolds), que se deseñan co obxectivo de cumplir todos os requisitos mecánicos e ter as características necesarias para promover a formación ósea, así como a vascularización. O problema dos scaffolds reside en que, a día de hoxe, estes realízanse maioritariamente con estruturas internas aleatorias, facendo que sexan pouco ou nada reproducibles, e non existen productos testados con unhas características concretas que os fagan fáciles e rápidos de fabricar, e, ademáis, reproducibles para asegurar que estes dean resultados similares en canto a xeración ósea e resistencia mecánica en condicións e defectos similares.

A rexeneración ósea, de forma natural, baséase na formación de células óseas, na osteoinducción e na osteoconducción, que é o concepto no que se centra principalmente este estudo e que se define como o crecemento interno do óso estragado en estruturas tridimensionais a partir do óso xa existente, o que leva a que se sustitúa o scaffold por novo óso gracias a que estes sirven como un andamiaxe para as células osteogénicas das paredes de dito óso estragado.

Por todo isto, neste estudo preténdese determinar cales das estruturas dos scaffolds elaborados por Sinterizado Selectivo por Láser son as máis axeitadas de entre as seleccionadas para promover o crecemento óseo nos defectos creados nos coellos, os cales, xunto coa cirurxía de implantación, realizáronse seguindo todos os procedementos establecidos. Para isto, próbanse catro estruturas distintas (Cubic, Cross Diagonal Reinforced, Cross Diagonal e Cross Faces), con tamaños de poro de 300 y 500 μm, situados en dúas zonas distintas do fémur e na tibia, facendo así un total de doce implantes. Os resultados obtidos para cada implante compáranse cun individuo de control que presenta o defecto sen tratar, concluíndo así cal o cales das estrucuras son as máis axeitadas para a súa fabricación e uso en cirurxía ortopédica veterinaria, atendendo á cantidade de óso xenerado, se resistiron mecánicamente tras o período de implantación, se presentaron reaccións adversas durante dito período e se son facilmente reproducibles.
Volver