Resumo | Análise e tradución da obra Yasmina de Isabelle Eberhardt. Tras unha breve introdución tanto da obra en cuestión como da autora e a explicación das bases teóricas empregadas para a realización da tradución, procédese á explicación do proceso seguido para realizar esta, seguido das distintas partes que conforman o comentario traductolóxico, onde se recollen as dificultades de tradución atopadas durante este proceso, así como unha explicación das decisións tomadas pola tradutora, posteriormente trasladadas ao texto meta. Finalmente, expóñense as conclusións ás que se chegou tras a realización deste traballo. |