Secretaría Uvigo - Dixitalización dunha empresa farmacéutica de produción de insulina

Dixitalización dunha empresa farmacéutica de produción de insulina

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Química Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Beatriz Prudencia Orge Álvarez
Tribunal Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: Martín Lamosa Quinteiro
Secretaría: Javier Turienzo Riveiro
ResumoNeste proxecto deseñarase a dixitalización dunha empresa farmacéutica de produción de insulina. Realizarase un estudo de captura de datos, análises da produtividade e propoñeranse as melloras realizadas no proceso; así como a utilización de diferentes ferramentas de visualización e xestión dos datos obtidos. Esta dixitalización realizarase co obxectivo de facilitar a realización de diversos estudos sobre calidade, rendemento e dispoñibilidade das liñas de fabricación da planta a través de sistemas MES/MON, e así obter unha visibilidade das áreas de operacións máis importantes da planta.
O proceso global componse de catro procesos principais: formulación, enchido, clasificación e empaquetado. O primeiro proceso consiste nun proceso batch do cal se fará un estudo dos tempos nos diferentes tanques de formulación. O que se pretende será monitorar o tempo das fases e comparar ese tempo cos teóricos para poder sacar o rendemento do proceso de formulación, e así ofrecer solucións de mellora. Nas demais liñas realizarase un estudo de tempos, calidade do proceso, rendemento das liñas e dispoñibilidade que houbo ao longo de todo o proceso, polo que será neste punto onde se realizará o estudo das métricas de produtividade. Realizaranse cálculos de KPIs e compararase o tempo teórico do proceso co real adquirido, tendo en conta as paradas de liña, os envases rexeitados, a capacidade máxima de produción, a teórica e a real, etc. Todos estes estudos realizaranse facendo primeiramente unha captura de datos dos diferentes equipos a través do protocolo estándar OPC. Seguidamente realizarase un modelo de liñas na ferramenta MES/MON de maneira que reflicta as regras de negocio que a planta require. A captura e toma de datos seguirán ditas regras de maneira que a información recollida almacenarase de maneira estruturada nunha base de datos.
Para a visualización dos datos deseñarase en dous niveis: a primeira e principal serán interfaces a nivel de planta onde os datos serán mostrados en tempo real mediante tecnoloxía web e consultas e cálculos realizados sobre a base de datos, o cal permitirá análises inmediatas. A segunda será a nivel macro con consultas de grandes volumes de datos e de maior complexidade mediante aplicacións de ? Bussines Intelligent? que son ferramentas de análises que permiten análises instantáneas, inspeccionando, limpando e transformando datos co obxectivo de resaltar información útil, para suxerir conclusións e apoio na toma de decisións.
Volver