Secretaría Uvigo - Pesquerías de cefalópodos e cambio climático

Pesquerías de cefalópodos e cambio climático

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Francisco Javier Rocha Valdes
Tribunal Secretaría: Inmaculada Prieto Jiménez
Vogalía: María Elsa Vázquez Otero
Presidencia: José María Sánchez Fernández
ResumoA pesca de cefalópodos é cada vez máis importante. Estes animais son
susceptibles a cambios nas propiedades da auga e, polo tanto, tamén o son as súas pesqueiras. As alteracións provocadas polo cambio climático no océano poden alterar o ciclo vital destas especies e a distribución e abundancia das súas poboacións, o que afecta directamente ás súas pesqueiras. Neste traballo, estudamos como os cambios de diferentes variables oceánicas, como a temperatura ou a concentración de osíxeno, afectan aos ciclos de vida de tres especies importantes para as pesqueiras de decefalópodos; Illex argentinus, Dosidicus gigas e Octopus vulgaris. Ao realizar unha análise de correlación estatística, tomando como variables as capturas pesqueiras destas especies e a temperatura e concentración de osíxeno (no caso de Octopus vulgaris), comprobouse que as pesqueiras das tres especies están relacionadas con estas variables e que a alteración das mesmas pode provocar fluctuacións nas capturas. Deste xeito, demóstrase que o cambio climático pode afectar positiva ou negativamente ás pesqueiras de cefalópodos, producindo un aumento ou diminución das mesmas, dependendo da relación da especie con variables como a temperatura.
Volver