Secretaría Uvigo - Hidroideos bentónicos del margen continental gallego

Hidroideos bentónicos del margen continental gallego

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Francisco José Ramil Blanco
Tribunal Secretaría: Inmaculada Prieto Jiménez
Vogalía: María Elsa Vázquez Otero
Presidencia: José María Sánchez Fernández
ResumoEste traballo de fin de grao é o resultado do estudo dunha colección de hidrozoos recolleitos en diferentes puntos da costa de Galicia durante a campaña oceanográfica VERTIDOS realizada durante setembro de 2004 a bordo do buque oceanográfico Mytilus. Se muestrearon 26 estacións utilizando 3 tipos de arrastres: patín Agassiz, trineo epibentónico e draga rectangular de naturalista; en 12 das estacións muestreadas atopáronse hidrozoos. Estudáronse un total de 681 colonias e identificáronse 34 especies pertencentes a 17 familias. A maior riqueza específica correspondeu ás familias Sertulariidae (4), Campanulariidae (4) e Zygophylacidae (3), mentres que o maior número de colonias atopámolo nas especies Acryptolaria conferta var. minor (117), Cryptolaria pectinata (97) e Campanularia hincksii (65). As especies con maior frecuencia de aparición foron Lytocarpia myriophyllum (5), Cladocarpus sigma var. folini (3) e Sertularella gayi. (3). Cinco especies: Stegopoma bathyale, Acryptolaria conferta var. minor, Zygophylax levinseni, Sertularella porcupine e Symplectoscyphus bathyalis, cítanse por primeira vez en Galicia e para outras dúas amplíase a súa área de distribución en Galicia: Cladocarpus sigma var. folini e Nemertesia perrieri. Ademais, amplíase o rango batimétrico para 6 especies: Cladocarpus sigma var. folini, Halecium sessile, Halecium sibogae marocanum, Cryptolaria pectinata, Zygophylax biarmata e Clytia paulensis. As análises dos patróns de distribución indícannos que na área de estudo dominan as especies de ampla distribución xeográfica fronte ás especies de distribución atlántica.
Palabras chave: Cnidaria, Hydrozoa, Galicia, Distribución, Riqueza específica.
Volver