Secretaría Uvigo - Modelado 3D e cálculo de ponte de aceiro da liña férrea Madrid-Vigo a partir de datos LIDAR.

Modelado 3D e cálculo de ponte de aceiro da liña férrea Madrid-Vigo a partir de datos LIDAR.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Cabaleiro Núñez
Tribunal Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Manuel Casal Guisande
Secretaría: José Luís Diéguez Quintas
ResumoDentro da enxeñaría civil é crucial o control do mantemento e a preservación das estruturas, para que a súa utilización sexa segura e non represente un perigo para a saúde da cidadanía durante o seu período de vida útil. Isto ocorre, especialmente, en estruturas que están sometidas a un maior grado de degradación, como poden ser as estruturas metálicas. Unha das mellores maneiras que podemos atopar na actualidade para levar a cabo está tarefa é utilizar a metodoloxía HBIM (Heritage Building Information Modeling). Deste xeito é posible efectuar un seguimento da saúde estrutural, no que se conta con un modelo detallado da estrutura que proxecte os cambios que sofre a estrutura ao longo do tempo, e un modelo que represente estruturalmente a construción real en cada instante. Para levar isto a cabo realizase un modelo aparente no cal se alberga toda a información xeométrica e a composición da estrutura, ademais de outro modelo analítico calibrado que se usará para analizar a resistencia da estrutura. Deste xeito obtense toda a información necesaria para un correcto diagnostico da saúde estrutural da construción e de se é necesario levar a cabo tarefas de reforma.
Volver