Secretaría Uvigo - Estudo do comportamento da cimentación dun aeroxerador e a súa interacción co terreo: Aplicación a un caso práctico

Estudo do comportamento da cimentación dun aeroxerador e a súa interacción co terreo: Aplicación a un caso práctico

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Francisco Javier De la Puente Crespo
Tribunal Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Manuel Casal Guisande
Secretaría: José Luís Diéguez Quintas
ResumoO obxectivo deste Traballo de Fin de Grado é realizar un detallado análise do deseño e dimensionamento das condicións de cimentación dun aeroxerador, así como a súa aplicación a un caso práctico.

Co reloxo do cambio climático posto en marcha, agora mais ca nunca é hora de apostar polas enerxías limpas, como é o caso da eólica. Os aeroxeradores operan baixo réximes de carga moi esixentes, cuxos efectos poderían diminuír a integridade estrutural e levar a costes de mantemento e reparación que poderían ser inaceptables.

Estas enormes turbinas descansan sobre o terreo mediante unhas zapatas de colosais dimensións, que deberán soportar os esforzos propios do aeroxerador así como os fortes refachos de vento horizontal as que vai a estar sometido e que nos xerarán momentos na base do mesmo, dando lugar a un dos maiores problemas a ter en conta, o envorque.

Esta cimentación de formigón armado realízase mediante unha zapata circular, sobre a cal execútase un pedestal macizo de planta circular para ancorar a torre de contención do aeroxerador.

Para proceder co cálculo será necesario coñecer as características xeotécnicas do terreo onde se vai a implantar, co obxectivo de analizar o seu comportamento, deformación e capacidade de carga. Tamén deberán verificarse as condición climáticas de emprazamento e seguindo en todo momento a normativa vixente.

Para complementar os cálculos, procederase a unha modelaxe da cimentación e do terreo no programa Ansys workbench, onde, grazas a unha simulación con elementos finitos poderase dar un resultado visual das zonas das zapata que cumpren as especificación e das que non e así axustar os cálculos a unha zapata máis optimizada. Desta mesma forma, tamén se poderá comprobar visualmente as distribución de tensións e desprazamentos e entender, de forma intuitiva, o comportamento mecánico do terreo sometido as accións do aeroxerador.
Volver