Secretaría Uvigo - Deseño dun sistema de transporte de pezas de automción en fábrica con AGV.

Deseño dun sistema de transporte de pezas de automción en fábrica con AGV.

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: David Suárez Eiroa
Cotitoría: Natalia Cid Rodríguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: José Manuel Fernández Álvarez
Secretaría: Jacobo González Baldonedo
ResumoA empresa solicitante dedícase á montaxe de asentos de vehículos de diversas gamas, cuxas pezas deben ser transportadas dende un almacén ata a liña de produción. As pezas a transportar son as distintas pezas que compoñen un asento de coche.
Este TFG consiste na optimización do transporte de pezas da empresa mediante o deseño dun sistema de transporte para as mesmas que se montará encima dun AGV.
Este deseño está condicionado polos requisitos que dá a empresa, un deles é o uso de AGVs, tecnoloxía coa que está moi familiarizado.
O principal obxectivo deste proxecto é a redución de tempos que non aportan valor engadido ao produto da empresa, que neste caso se dedica á montaxe de asentos de automóbil, ademais de reducir a man de obra humana necesaria para realizar estes labores de transporte. .
En primeiro lugar, realízase un estudo sobre os distintos tipos de sistemas de transporte existentes no mercado e, tendo en conta as esixencias da empresa, escóllense os máis axeitados.
A continuación, explícase a metodoloxía que se utilizará no proxecto, que consistirá nos diagramas de caixa negra e caixa transparente e a elaboración dunha táboa de alternativas, así como un posterior deseño conceptual do sistema de transporte e un deseño de detalle.
Nos apartados seguintes aplícase ao sistema de transporte a metodoloxía antes citada, de xeito que se propoñan alternativas para cada subfunción que realice, finalmente escóllese a máis adecuada para esta problemática, seguindo os criterios propostos pola empresa solicitante. .
Unha vez elixidas as alternativas, propóñense diferentes deseños conceptuais, ata que se elixe o deseño que presenta un rendemento óptimo. Así mesmo, como parte final do proxecto, deseñarase detalladamente a alternativa definitiva, e xuntaranse planos, orzamentos, cálculos e simulacións para xustificar o seu correcto funcionamento.
Volver