Secretaría Uvigo - Deseño dun sistema automático para o proceso de tapado de bandexas con arandos nunha liña de envasado

Deseño dun sistema automático para o proceso de tapado de bandexas con arandos nunha liña de envasado

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: David Suárez Eiroa
Titoría: Natalia Cid Rodríguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: José Manuel Fernández Álvarez
Secretaría: Jacobo González Baldonedo
ResumoEste Traballo de Fin de Grao fundaméntase na automatización dun procedemento de tapado de bandexas nunha liña de envasado de arandos. Este proceso levaríase a cabo mediante o deseño dun sistema autónomo que permita a colocación da tapa superior dos envases de plástico que conteñen o alimento garantindo un peche correcto e sen danos.
Actualmente esta tarefa de envasado realízase de forma manual mediante un operario, o que supón un pescozo de botella na liña. A finalidade do novo sistema sería a mellora da eficiencia do proceso de peche e adaptabilidade do mesmo ás velocidades da liña de produción. Todo este procedemento sendo adecuado ás necesidades de elaboración do cliente e dentro do límite orzamentario.
Para levar a cabo este proxecto, inicialmente estúdanse sistemas e aplicacións semellantes na industria, así como elementos comerciais dispoñibles para realizar este proceso de automatización. A partir desta información, expóñense diferentes propostas e deseños conceptuais, e elíxese a opción máis adecuada tendo en conta as esixencias e limitacións da liña ademais das especificacións do cliente.
A continuación pásase a realizar o cálculo e deseño dos compoñentes do sistema, o cal inclúe a selección de diferentes elementos comerciais e a realización do modelado 3D e os planos correspondentes mediante o software SolidWorks. Por último, realízase un orzamento para establecer unha estimación dos custos.
Para o desenvolvemento do proxecto teranse en conta as condicións de traballo e as especificacións do cliente, como son a xeometría, peso, cadencia da liña, tempos de produción, necesidade de mantemento, espazo dispoñible para o sistema, montaxe, etc.
Volver