Secretaría Uvigo - Deseño e execución dunha nave industrial destinada á fabricación de tarima e xestión de taboleiros

Deseño e execución dunha nave industrial destinada á fabricación de tarima e xestión de taboleiros

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Vogalía: Iván Iglesias Sánchez
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Secretaría: Marcos Villar García
ResumoNeste Traballo de Fin de Grao ( TFG) deséñase unha nave industrial destinada á fabricación de tarima, de acordo á normativa vixente.
A nave deste proxecto sitúase nunha parcela do polígono industrial Parque de Valladares, Vigo, cunha superficie de 2230 m2 de planta baixa sendo 157 m2 de zona administrativa e vestiarios, e 2073 m2 zona de produción.
O principal obxectivo é realizar un deseño eficiente da distribución da planta, o que implica a organización dos espazos necesarios para o almacenamento e movemento da madeira, a localización das dúas liñas de produción que levan a cabo para a fabricación de tarima e o tratamento de taboleiros. Tamén se deseñará e calcularán as instalacións necesarias para levar a cabo a actividade. Se dimensionará a instalación eléctrica de acordo co Regulamento Electrotécnico de Baixa tensión, tamén se dimensionarán as instalacións de fontanería e saneamento de acordo co Código Técnico da Edificación e o resto de instalacións, seguridade contra incendios etc.
Para iso tense en conta a implementación da normativa que formará parte do deseño da actividade para alcanzar o obxectivo en canto aos requisitos máis esenciais para a edificación e a seguridade dos traballadores.
Desenvólvese un deseño satisfacendo os requirimentos necesarios de funcionamento e seguridade no relativo ao sistema eléctrico, e cumprindo a norma vixente a día de hoxe en canto a prevención e loita contra incendios.
Volver