Secretaría Uvigo - Análise e caracterización de mostras de tisne mediante técnicas termogravimétricas tras a súa exposición en atmosferas de ozono

Análise e caracterización de mostras de tisne mediante técnicas termogravimétricas tras a súa exposición en atmosferas de ozono

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús Vence Fernández
Cotitoría: Juan Jesús Rico Fuentes
Tribunal Vogalía: Alejandro Fernández Villaverde
Secretaría: Alejandro Gómez Yepes
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
ResumoNa actualidade, a pesar dos grandes avances logrados no campo dos motores eléctricos, a descarbonización non vai ser unha tarefa doada nin inmediata nalgúns sectores. En ámbitos como o do transporte marítimo, a maquinaria pesada ou os equipos complementarios de aporte de enerxía, o motor de combustión interna atópase lonxe da súa desaparición e compre seguir traballando en técnicas para a redución das emisións e mellora dos sistemas de escape para cumprir coa normativa Euro, que cada vez é máis restritiva.

Este traballo de investigación céntrase no estudo dos efectos que o tratamento con ozono ten sobre o comportamento térmico do tisne xerado en sistemas de escape de motores de combustión interna. Analizaranse mostras de tisne antes e despois do tratamento de oxidación con ozono. As mostras son obtidas nun banco de ensaios de combustión, e posteriormente tratadas nun reactor con ozono, variando parámetros como a temperatura do reactor, a concentración de ozono e a presenza de hidrocarburos na combustión. Someterase cada mostra a un programa controlado de temperatura para estudar a evolución da masa e do fluxo de calor ao longo do ciclo térmico, mediante técnicas termogravimétricas.

Cos resultados obtidos valorarase como afectan as distintas condicións de tratamento do tisne con ozono na súa descomposición térmica para saber cales son as mellores e se é viable a implantación destes sistemas nos motores de combustión interna dos próximos anos.
Volver