Deseño, implementación e validación dun sistema polo aprendizaxe práctico de robótica movil
Data de defensa | 16/09/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Juan José Rodríguez Andina |
Tribunal |
Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara Secretaría: José Fariña Rodríguez Vogalía: Francisco Poza González |
Resumo | O obxectivo do proxecto é a creación dun robot móbil lixeiro, barato, sinxelo e robusto. O robot servirá de base para que o alumnado que se inicie no mundo da programación teña unha base para elaborar e executar os seus primeiros códigos relacionados coa robótica móbil. Todo o proxecto xira arredor dunha idea básica: Un robot sinxelo para que calquera persoa ou institución poida replicalo. Isto permitirá que os centros educativos dispoñan dun elemento tanxible para realizar probas de robótica móbil. O obxectivo é que cada alumno teña acceso a un elemento físico para realizar as súas propias probas individualmente. Polo tanto, o robot utilizará compoñentes de baixo prezo e facilmente accesibles. A través deste proxecto describiranse de forma clara e concisa todos os pasos realizados para crear este produto. Dende as ideas básicas nas que se basea o proxecto, deseño de pezas e electrónica ou os motivos da elección dos compoñentes empregados ata as posibles aplicacións do produto final. Despois de rematar a parte electrónica e mecánica do robot, traballarase no desenvolvemento de funcións para que un usuario sen ampla experiencia en programación poida controlar o robot. Ademais, programarase un modo de funcionamento no que 2 ou máis robots resolverán unha tarefa de forma conxunta e colaborativa. |