Secretaría Uvigo - Detección remota de contaminación por hidrocarburos en recursos hídricos.

Detección remota de contaminación por hidrocarburos en recursos hídricos.

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Vogalía: Francisco Poza González
Secretaría: José Fariña Rodríguez
ResumoO presente traballo pretende presentar un dispositivo electrónico autónomo capaz de monitorizar parámetros como a temperatura, pH e condutividade en recursos hídricos co fin de detectar indirectamente a presenza de hidrocarburos en tempo real. Estúdase a relación destes parámetros coa presenza ou ausencia de hidrocarburos nas mostras analizadas, desenvolvendo un algoritmo capaz de avisar a un operador cando se cumpran as condicións de detección. Á súa vez, garántese o procesamento e o almacenamento das medicións realizadas nun soporte non volátil (memoria Flash), para o seu tratamento posterior en follas de cálculo ou bases de datos. Co desenvolvemento do dispositivo, preténdese proporcionar un soporte tanto a nivel de hardware como de software, garantindo o funcionamento dos sensores e sistemas implicados xunto cun programa capaz de realizar as funcións principais e secundarias requiridas para este proxecto. Posteriormente, estudarase a viabilidade da integración do sistema dentro dun protocolo de comunicacións IoT (Internet das cousas), para posibilitar a comunicación con outros dispositivos ou servidores sen necesidade de cableado. Desta forma, asegúrase o almacenamento en soporte non volátil das medicións realizadas e o seu posterior envío a través dunha rede IoT se fose necesario.
Volver