Secretaría Uvigo - Análise e comparación de técnicas de modulación por ancho de pulso para convertedores en fonte de quasi-impedancia

Análise e comparación de técnicas de modulación por ancho de pulso para convertedores en fonte de quasi-impedancia

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Óscar López Sánchez
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: José Fariña Rodríguez
Vogalía: Francisco Poza González
ResumoOs convertedores en fonte de quasi-impedancia son topoloxías recentes que están sendo obxecto de moita investigación pola capacidade de elevar e reducir a tensión nunha soa etapa. Para o seu control empréganse habitualmente técnicas de modulación por ancho de pulso (PWM) specíficas. O nivel de desempeño deste tipo convertedores depende moito das técnicas PWM empregadas. Na literatura técnica propuxéronse moitas alternativas de diferentes carácterísticas. Neste traballo farase unha revisión do funcionamento dos convertedores en fonte de quasi-impedancia, realízase un estudo e unha análise das diferentes alternativas de técnicas PWM dispoñibles actualmente, tanto vectoriais como escalares. De entre todas elas realizarase un estudo das características das técnicas mais relevantes mediante a súa simulación empregando o sotware Matlab/Simulink. Realizaranse simulacións para diferentes indices de modulacións e distintos factores de elevación. Finalmente, compararánse as técnicas para identificar as mais prometedoras.
Volver