Secretaría Uvigo - Deseño e integración do sistema eléctrico e neumático dunha liña de producción robotizada.

Deseño e integración do sistema eléctrico e neumático dunha liña de producción robotizada.

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Cotitoría: Pablo Yáñez Alfonso
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: José Fariña Rodríguez
Vogalía: Francisco Poza González
ResumoA finalidade do presente TFG é realizar o deseño e a integración do sistema eléctrico e neumático dunha liña de producción robotizada. Dita liña está destinada á fabricación da pechadura da porta dun coche. Como datos de entrada temos a definición do proceso que se vai a realizar cos seus diferentes requisitos e o layout da liña.
Comezarei polo cálculo de consumos para ter claros os meus requerimentos e poder dimensionar os elementos de protección.
Continuarei coa distribución, tanto eléctrica como neumática, para toda a liña; dentro deste punto podemos incluir a definición da periferia distribuida para recoller as sinais de control e actuar sobre os elementos que realizan o proceso.
O seguinte punto importante a definir é a rede de comunicacións, xa que todoslos elementos do proceso teñen que estar comunicados entre sí e a sua vez co sistema de trazabilidade, o cal tamén nos marcará uns requisitos que debemos cumprir.
Por último, queda a parte relativa a seguridade dende o punto de vista eléctrico e neumático, pero sempre tendo en conta o deseño mecánico e facilitando a futura programación do PLC e do robot.
Volver